Evento: Narf & Timbila Muzimba

Narf & Timbila Muzimba
sábado, 22 outubro, 2016 - 21:00
Teatro Principal de Santiago de Compostela,
Santiago de Compostela

Narf & Timbila Muzimba

Colaboración do compositor galego con este colectivo de músicos e bailaríns de Maputo

Bumba II: De Zigala a Zemambiquo é unha colaboración entre artistas de Santiago de Compostela e Maputo. Entre Fran “Narf” Pérez, un dos principais compositores e líderes da música contemporánea galega, e Timbila Muzimba, un colectivo fundado por un grupo de mozos mozambicanos músicos e bailaríns en Maputo no ano 1997. Todos xunto teñen actuado en España, Portugal e Mozambique ao longo dos últimos dez anos. A combinación de Timbila Muzimba, que pretende preservar a identidade cultural da etnia Machopi á que pertencen, e a música da banda de Narf é unha combinación de ambientes mozambicanos, funck-rock e unha comunicación intercontinental de primeira orde.

Cheny Wa Gune – timbila, percusión, voz
Celso Eduardo Mahuaie – timbila, percusión, voz
Tinoca Zimba – danza, percusión, voz
Joni Schwalbach – teclados
Narf – guitarra, voz
Marcos Teira – guitarra eléctrica, voz
Alberte Rodríguez – baixo
Ton Risco – batería

Concerto do Womex 2016 co Full Pass

Máis eventos de tipo Concerto

Tecendo afectos
26 de abril
Biblioteca Pública de Ourense
Carlangas
26 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5