Evento: Entroido de Laza

  • Foto de Peliqueiros
Entroido de Laza
xoves, 23 febreiro, 2017 a martes, 28 febreiro, 2017
Laza,
Laza

Entroido de Laza

Festa de interese turístico

Uns dos carnavais máis enxebres de cantos se celebran en Galicia.

Os días de Entroido en Laza discorren entre a praza da Picota, centro neurálxico, e os bares, tomados polos mozos da vila, que crean un ambiente festivo coa súas continuas esmorgas en torno ao bo xantar, o viño, o licor café e as típicas augardentes galegas.

Os “peliqueiros”, armados con zamarras (unha especie de látego, con mango de madeira perfectamente labrado), con seis chocas no cinto, son as personaxes “estrelas” do Entroido. A súa particular e impecable vestimenta pode pesar ata quince quilos e as súas caretas van adornadas con imaxes de animais. Fan a súa aparición o Domingo de Entroido, despois da misa. Percorren a vila en grupo impondo a súa lei. Pódeselles insultar pero nunca tocar nin ensuciar o seu atavío.

Un dos días máis animados é o Luns de Entroido ou “Día da Borralleira”, cando, pola mañá, ten lugar a Farrapada (batalla de trapos untados con barro) e a Xitanada (procesión de parellas montadas en burros) e, pola tarde, baixa desde Cimadevila a “Morena”, un home cuberto cunha manta e cunha cabeza de vaca que se dedica a levantar as saias das mulleres, axudado pola súa comitiva que lanza sobre a multitude na praza da Picota unha chuvia de formigas vivas, en ocasións mesturadas con vinagre e fariña, para poñelas máis rabiosas.

 

O Entroido en Galicia

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Pascua de Padrón
11 de abril a 27 de abril
Varios espazos
Festa da Lamprea
25 de abril a 27 de abril
Varios espazos
Festa da Troita
30 de abril a 1 de maio
varios espazos