Evento: Rosa Caramelo e outras historias
Rosa Caramelo e outras historias
luns, 24 abril, 2017 - 11:30
Axencia de Lectura Municipal de San Sadurniño,
San Sadurniño Rosa Caramelo e outras historias
Espectáculo infantil baseado en relatos de Adela Turín para lles dar a volta aos roles e estereotipos de xénero
Autora: Adela Turín
Directora: Paula Carballeira
Sinopse: Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo que non consigue que a súa pel sexa de color rosa caramelo. Cando os seus pais desisten desa idea descubrirá o significado da libertade, e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.
Un espectáculo para Ler conta moito onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero.
Nesta montaxe composta de catro historias nas que combinamos a palabra e a música en directo, tratarase de crear unha atmósfera adecuada para desmontar unha serie de ideas impostas e simplificadas, pero fortemente asumidas, sobre actitudes e aptitudes das mulleres e dos homes.
Ligazóns