Evento: A Galiña Azul. Homenaxe a Carlos Casares
A Galiña Azul. Homenaxe a Carlos Casares
A galiña azul é a nova producción do Ensemble da Aula de Música Actual©, que baixo a dirección artística de Juan Eiras e musical de Javier Viceiro-Filgueira, preséntanos unha obra colectiva de música incidental.
Está baseada no libro homónimo que Carlos Casares escribiu para Ana, unha nena que se foi de Galicia cando tiña dous anos, para que non esquecese a súa terra e para que soubese das cousas que acontecían na súa ausencia. Sen lugar a dúbidas, trátase de todo un clásico da literatura infantil galega, que nesta ocasión está musicado por alumnos dos Talleres de Composición I e II do CSMVigo.
INTÉRPRETES
Aula de Música Actual:
Javi...er Viceiro-Filgueira, director musical
Juan M. Eiras Tojo, profesor de Composición e coordinador artístico
M. Eva Diz Comesaña, narradora