Evento: Terra da Fraternidade
Terra da Fraternidade
Festival que forma parte da programación das Festas do Apóstolo que converte a Praza da Quintana, na capital galega, nunha especie de terra prometida para a diversidade cultural e musical do planeta en conexión coa cidade e co talento local. En cada unha das cinco xornadas combínanse artistas de culturas de tres continentes con cadansúa contraparte galega. Trátase así dun dobre concerto que inclúe a interpretación dalgún tema no que ambas as dúas músicas se fusionan.
Supón toda unha oportunidade para a descuberta das e dos artistas máis populares e sorprendentes de Polonia, Mozambique, Ghana, Francia, Brasil, Etiopía, Colombia, Portugal… e, por suposto, Galicia. Así, formacións como Warsaw Village Band (Polonia), Selma Uamusse (Mozambique), Pat Thomas & Kwashibu Area Band (Ghana), Girma Beyene & Akale Webé (Etiopía/ Francia) e Bixiga 70 (Brasil) amosarán na capital galega as súas composicións propias, á vez que compartirán ritmos, creacións e micro con Mercedes Peón, Raigañas, Habelas Hainas, Adrián Costa, The Lákazans, Abe Rábade e García MC.
Trátase dunha selecta programación baseada na hibridación e fusión para bailar e gozar nun espazo único como a Praza da Quintana ao ritmo de sons da música tradicional, jazz, Highlife, afrobeat e afrocaribeña, rap, blues, soul, folk, ethio, afrofunk, malinké, dub, candomblé, samba, cumbia, carimbó, kuduro…
PROGRAMA
14 de Xullo
23:00_RAIGAÑAS
23.20H_RAIGAÑAS + MERCEDES PEÓN
23.30H_WARSAW VILLAGE BAND
23.50H_WARSAW VILLAGE BAND + MERCEDES PEÓN
15 de Xullo 22:00_HABELAS HAINAS
23:00_SELMA UAMUSSE
23.50_SELMA UAMUSSE + HABELAS HAINAS
16 de Xullo
22:00_ADRIÁN COSTA & THE CRIERS
23:00_PAT THOMAS & KWASHIBU AREA BAND
23.50_PAT THOMAS + ADRIÁN COSTA
17 de Xullo
22:00_THE LÁKAZANS
23:00_GIRMA BEYENE & AKALE WEBÉ
23.50_GIRMA BEYENE & AKALE WEBÉ + ABE RÁBADE + THE LÁKAZANS
18 de Xullo
22:00_GARCÍA MC PRESENTA “A NACIÓN QUILOMBO”
23:00_BIXIGA 70
23.50_BIXIGA 70 + GARCÍA MC
Ao remate de cada concerto: verbena global Beat Con DJ Najle