Evento: A paisaxe organística do camiño do Norte

A paisaxe organística do camiño do Norte
sábado, 7 outubro, 2017 - 16:30
Igrexa de Santa María de Vilalba,
Vilalba

A paisaxe organística do camiño do Norte

Rolda con paradas en Vilalba, Mondoñedo e Lourenzá

A sexta das roldas pola paisaxe organística galega  de Espazos Sonoros conducirá os e as participantes, desta volta, a través do Camiño de Santiago do Norte, declarado ben integrante da lista do patrimonio mundial da Unesco en 2005, con paradas en Vilalba, Mondoñedo e Lourenzá.

Ao longo do traxecto, atoparanse exemplares de órganos diferentes en canto a estilo e época en diverso estado de conservación. A primeira parada será no órgano da igrexa parroquial de Santa María de Vilalba, un interesante órgano romántico de 1914, da casa Alberdi. A segunda parada será na catedral de Mondoñedo para apreciar os dous impresionantes órganos barrocos; cómpre sinalar que un deles se segue empregando na liturxia da igrexa, aínda que moi modificado en canto ao seu mecanismo, xa que foi electrificado.

A terceira e a última parada terá lugar na igrexa do antigo mosteiro de San Salvador de Lourenzá, onde se atopan dous dos máis interesantes órganos da paisaxe organística galega, os dous únicos órganos xemelgos galegos que conservan case todo o seu material orixinal e que foron construídos entre 1762 e 1765 por organeiros galegos.

 

 

Programa da visita:

10.45 h Xuntanza na igrexa de Santa María de Vilalba, charla contextualizadora e visita ao órgano 

11.30 h Saída cara a Mondoñedo

12.00 h Chegada a Mondoñedo e visita aos órganos

13.00 h Chegada a Lourenzá e visita aos órganos

14.00 h Xantar libre

16.30 h Xuntanza na igrexa de San Salvador, pequena charla introdutoria ao concerto e montaxe dun órgano didáctico

17.30 h Concerto de Pablo Seoane

Capacidade máxima: 60 persoas

Hora e lugar de encontro: ás 10.45 h, na igrexa parroquial de Santa María de Vilalba

Inscrición: do 23 de setembro ao 4 de outubro, en actividades@espazossonoros.org

 

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas
15 de outubro a 31 de decembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Libros venerados en venerables bibliotecas
17 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal