Evento: Pantín Classic Pro
Pantín Classic Pro
O evento deportivo Pantín Classic Pro, que está incluído no circuíto mundial da World Surf League, celébrase na praia de Pantín e acolleu no ano 2015 uns 35.000 visitantes. No ámbito do surf, tanto en Galicia como no resto de España, o certame Pantín Classic Pro ocupa un lugar moi destacado e xa constitúe unha das probas de surf máis importantes do calendario internacional.
Trátase do único evento de surf profesional internacional que se celebra en España, un dos poucos que se celebra a este nivel en Europa e o terceiro máis antigo a nivel internacional. Durante a súa celebración, a nosa comunidade acolle os mellores surfistas profesionais que se achegan a Galicia desde todas partes do mundo. Así, o campionato, ademais de posibilitarlles aos asistentes coñecer unha das moitas praias galegas aptas para a realización da práctica deportiva e posicionar a nosa comunidade como destino de surf, permite mostrar todo o encanto da Galicia costeira.
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular
