Evento: Romaría da Tortilla de Laro

Romaría da Tortilla de Laro
sábado, 3 agosto, 2024 - 11:00
Laro (San Salvador),
Silleda

Romaría da Tortilla de Laro

Festa de Interese Turístico

A Carballeira de Castro acolle desde o ano 1989 unha das festas gastronómicas máis concorridas do panorama galego, xa que reúne cada ano arredor de 10.000 persoas, que saborean unhas 2.000 racións de tortilla e 1.000 litros de viño.

Na romaría non falta o pregón, a cargo dunha personaxe convidada, un concurso-degustación, unha poxa de tortillas gañadoras e unha gran cea na carballeira con actuacións de grupos tradicionais, charangas e orquestras.

A comisión organizadora e a asociación de amas e amos de casa preparan centos de tortillas en todas as súas variedades posibles: con bacallau, pementos, chourizo, carne, gambas...

Numerosos grupos de amigos da zona comparten unha intensa xornada festiva que remata cunha multitudinaria verbena. Como servizos de loxística, a organización dispón de autobuses ata Laro dende Silleda, A Bandeira e Lalín.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Belén Artesanal en Movemento
1 de decembro a 12 de xaneiro
Campaña (Santa Cristina)
Belén Electrónico
20 de decembro a 6 de xaneiro
Begonte (San Pedro)
Nadal na Praza Roxa
29 de novembro a 7 de xaneiro
Praza Roxa, s/n
Nadal na Alameda
29 de novembro a 7 de xaneiro
Rúa do Campiño da Ferradura