Evento: Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre + Cantareiras de Cantigas e Frores
Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre + Cantareiras de Cantigas e Frores
A segunda entrega de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre leva por nome Noró (Algunhas músicas do norte) (Febreiro 2018) é unha ollada ás músicas setentrionais. unha declaración de amor ao norte que chéganos despois da exitosa xira do multipremiado “The Tambourine Mano” (2015).
Xabier Díaz é un compositor, músico e cantante galego que leva moitos anos traballando na música tradicional galega. Tamén realiza traballos de investigación sobre o folclore galego e participou como cantante en diferentes grupos como Berrogüeto ou Nova Galega de Danza e na actualidade realiza xiras co seu grupo, Adufeiras do Salitre, co que obtivo diferentes premios como ao mellor albúm de música tradicional nos Premios Martín Códax da Música Galega, en 2016. Algunhas das súas cancións actuais máis coñecidas son do seu último disco The Tambourine Man.