Evento: Mayumana
Mayumana
O grupo Mayumana preséntanos o seu novo espectáculo Rumba!, tras ser recoñecida en todo o mundo como unha banda de referencia dentro do seu xénero, realizando espectáculos por Europa e América.
Esta representación nace en Madrid polas aspiracións dun grupo de mozos. Mayumana mostra todas as súas habilidades de danza e percusión para que o público goce das súas actuacións. O ritmo de percusión, xunto cos bailes que realizan fan que este evento estea enfocado a todos os públicos. Ademais o show Rumba! conta con cancións do grupo Estopa.
Son trece os individuos que participan no show, todos eles artistas que mesturan as súas distintas habilidades como a voz, a interpretación, a música ou a danza. Entre eles atopamos a Marcos Martínez, María Ordoñez ou Ernesto Pogueiras.