Evento: Real Filharmonía de Galicia

Real Filharmonía de Galicia
venres, 15 setembro, 2017 - 13:00
Praza de Abastos,
Santiago de Compostela

Real Filharmonía de Galicia

A orquestra abre a tempada tocando en distintos puntos de Compostela

A Real Filharmonía de Galicia abre a temporada 2017-2018 con catro concertos abertos ao público que terán lugar nos centros socioculturais e na praza de abastos da cidade. Paul Daniel dirixe a orquestra nun programa centrado na Música acuática de G.F. Haendel.