Evento: Pascuala Campos de Michelena, as arquitecturas da vida

Pascuala Campos de Michelena, as arquitecturas da vida
xoves, 26 outubro, 2017 - 10:00
Consello da Cultura Galega,
Santiago de Compostela

Pascuala Campos de Michelena, as arquitecturas da vida

Xornada para recoñecer o labor de Pascuala Campos de Michelena na arquitectura e o urbanismo

Unha arquitectura para a vida e feita de espazos de paso, de encontro e lugares para a intimidade. A obra de Pascuala Campos está tecida así e a súa resulta ser unha actitude revolucionaria nun mundo de xerarquías espaciais no que as mulleres poucas oportunidades tiveron de construílo.

Pascuala Campos forma parte do conxunto de mulleres que, desde os anos 70, traballan e reflexionan sobre a arquitectura construída, introducen a perspectiva feminista, analizan en clave de xénero os lugares que habitamos. Asentada en Galicia desde os anos 60, é pioneira na incorporación da perspectiva de xénero á docencia neste campo. Primeira catedrática de Proxectos Arquitectónicos das escolas de arquitectura españolas, participou no Seminario Permanente Mujer y Ciudad, no que codirixiu, entre outros, o curso sobre "Urbanismo y Mujer. Nuevas visiones del Espacio público y privado".

Con esta xornada, a Comisión de Igualdade quere recoñecer o labor de Pascuala Campos e con ela o das mulleres que, na arquitectura e no urbanismo, están a suscitar novos campos de reflexión e acción, outros lugares para a vida.

Inscrición previa necesaria.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Actividades de inverno
10 de decembro a 28 de febreiro
Museo Provincial de Pontevedra
As listas de espera. Asistencia demorada, asistencia denegada
29 de xaneiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal