Evento: Teddy Williams: curtametraxes

  • Teddy Williams: curtametraxes
Teddy Williams: curtametraxes
martes, 10 outubro, 2017 - 18:00
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI),
A Coruña

Teddy Williams: curtametraxes

Presentación do director

Tôi quên rồi! / Esquecinme!
(Francia, Vietnam, 2014)
Dirección e guión: Teddy Williams, Nahuel Pérez Biscayart. Intérpretes: Canh Cao Ba, Trung Pham Viet. Dur: 29'.
O amplo ángulo captura nun xesto a vida de Hoa, que sempre anda arrodeado de amigos nun tránsito constante polas rúas de Hanoi. 

Que je tombe tout le temps? / Que caio todo o tempo?
(Francia, 2013)
Dirección, guión e fotografía: Teddy Williams. Intérpretes: Nahuel Pérez Biscayart, Rachid Yous, Nicole Payen. Dur: 15'.
Un mozo na busca dunha semente sae da clandestinidade en que pasa o tempo cos seus amigos. 

El ruido de las estrellas me aturde / O ruído das estrelas apárvame
(Arxentina, 2012)
Dirección, guión e fotografía: Teddy Williams. Intérpretes: José Maldonado, Santiago Miranda, Jerónimo Quevedo. Dur: 20'.
Subide, saltemos, os campos son verdes e as casas grises. 

Pude ver un puma / Puiden ver un puma
(Arxentina, 2011)
Dirección, guión e fotografía: Teddy Williams. Intérpretes: Fernando Contigiani García, Nahuel Pérez Biscayart. Dur: 17'.
Un accidente leva a un grupo de mozos desde o alto dos tellados do seu barrio ata as profundidades da terra, pasando pola súa destrución. 

Tan atentos
(Arxentina, 2011)
Dirección, guión e fotografía: Teddy Williams. Intérpretes: Lucas Escariz, Marcelo Rasch, Maximiliano Villalba. Dur: 8'.
Nun pequeno supermercado de barrio de Arxentina, un mozo non atopa o que busca. Os seus amigos, nas rúas, tampouco. 

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Ciclo de cine no Museo de Belas Artes da Coruña
Museos de cine
2 de abril a 30 de abril
Museo de Belas Artes
Mulholland Drive
25 de abril
Filmoteca de Galicia
Mulholland Drive
26 de abril
Filmoteca de Galicia
Terciopelo azul
29 de abril
Filmoteca de Galicia