Evento: Obradoiro Cans e Letras
Obradoiro Cans e Letras
No mes no que celebramos o Día das Letras Galegas, volve o Obradoiro CANS E LETRAS, o programa de lectura con cans de maior éxito no mundo
Que é R.E.A.D., Cans e Letras? O obxectivo inicial de R.E.A.D. é a mellora das habilidades de lectura nos nenos, aínda que a súa potencia como ferramenta terapéutica vai moito máis alá. A experiencia demostrou a eficacia de R.E.A.D. noutros ámbitos, fundamentais para o correcto e satisfactorio desenvolvemento do neno: autoestima, seguridade en si mesmo, relaxación, atención, motivación, relación cos demais.
Trátase en definitiva dun programa de lectura para nenos con cans adestrados, que emprega un método diferente pero moi eficaz: ler a un can.
R.E.A.D. naceu en EE.UU. no ano 1999, na Biblioteca Pública de Salt Lake City (Utah). Os seus creadores “Intermountain Therapy Animals” foron os pioneiros na implementación dun programa destas características, que estenderon por todo o mundo. E agora a Biblioteca da Coruña tamén é pioneira estreando o programa en Galicia.
E volve a estrela canina Nora, para acompañarnos unha vez máis coa lectura. Nora é unha cadeliña moi alegre que pode estar horas xogando coa pelota ou calquera xoguete que lle lances, ela tráecho ao momento. Pica no seu nome e poderás coñecer moito máis sobre a súa vida, os seus gustos...
2 sesións. Inscrición previa no Formulario
. O día anterior á actividade avisarase por teléfono só aos admitidos
. No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, terán preferencia os usuarios con carné da biblioteca
DÚAS SESIÓNS:
Sábado 4 e 18 de maio. Horario (dúas quendas):
. 12:00 horas
. 13:00 horas
NENOS E NENAS A PARTIR DE 5 ANOS
Nestes vídeos, profesoras de Educación Infantil e Primaria contan a súa experiencia co programa.
. Dalila, Directora del CEIP Virgen de la Paz, en Collado Mediano (Madrid)
.Nerea, Directora del CEIP Infantas Elena y Cristina, en San Sebastián de los Reyes (Madrid)
.Gema, Profesora Aula TEA del CEIP Teresa de Calcuta, en San Sebastián de los Reyes (Madrid)