Evento: 40 anos de Museo do Pobo Galego
40 anos de Museo do Pobo Galego
mércores, 25 outubro, 2017 a venres, 3 novembro, 2017
Museo do Pobo Galego,
Santiago de Compostela 40 anos de Museo do Pobo Galego
Actividades para conmemorar o aniversario
O Museo do Pobo Galego comezou a súa andadura alá por 1977. Quería ser non só un depósito de obxectos senón tamén unha testemuña do presente e unha invitación "reflexión colectiva sobre os problemas actuais do país así como as vías posibles para a súa solución". En 2017, o Museo está de aniversario. Fai 40 anos e dedicará dúas semanas a celebrar a efeméride.
Arte mural intramuros, gravacións de sesións de memoria, obradoiros ou actividades especiais enchen o programa. Entre o sábado 28 e o venres 3, o Museo terá un horario continuado de 11 a 20 horas e estará de portas abertas. A entrada será por tanto libre.
Ligazóns