Evento: Cando petan á porta pola noite
Cando petan á porta pola noite
Xabier P. Docampo demostrou ao longo da súa traxectoria posuír unha especial habilidade para recoller a esencia da oralidade galega e trasladala á súa obra. Neste espectáculo faremos un percorrido polas historias contidas nun dos seus traballos máis premiados: Cando petan á porta pola noite. Nelas exploraremos a Terra Chá natal do autor, as lendas espalladas por toda a súa xeografía e as tradicións da nosa cultura.
Aproveitaremos tamén para beber doutros autores que nos axudarán a entender a necesidade que temos os galegos porque os nosos contos estean ateigados de estrañeza e misterio. Unha viaxe a través dos nosos medos e da nosa natureza.
Público: Familiar (a partir de 8 anos)
Duración: 1 hora
Lugar: Auditorio da Biblioteca de Galicia
Prazas: 120
De balde, precisa inscrición na web
Importante: os formularios de inscrición dos obradoiros da BdG están aloxados na web da Cidade da Cultura, sempre na pestana de "en familia" mais iso non quere dicir que sexa para público familiar, cando así sexa aparecerá así descrito de forma clara, polo tanto prégase respectar a franxa de idades así como a puntualidade na hora de comezo, sendo aconsellable estar na aula 5' antes do mesmo.