Evento: Poemas de chocolate
Poemas de chocolate
Neste obradoiro imos saborear a dozura da poesía, collerlle o gusto, explorala, captar o seu ritmo e tentar comprender o seu saber ó tempo que degustamos o sabor dos diferentes chocolates cos que compaxinan os distintos poemas:
Poemas sólidos: chocolate amargo
Poemas frescos: chocolate de menta
Poemas inocentes: galletas de chocolate
Poemas mestizos: chocolate con leite
Poemas tropicais: chocolate de froitas
Poemas orientais: chocolate de arroz
Poemas de medo: chocolate negro
Poemas volátiles: chocolate en pó
Poemas servidos en bandexa: chocolate na cunca
Poemas doces: bombóns de chocolate
Poemas máxicos: torta de chocolate
Poemas con sorpresa: chocolate con améndoas
Poemas de amor: mousse de chocolate
Poemas de paz: chocolate branco
Poemas especiais: chocolate sen glute
Poemas sen rima: chocolate sen lactosa
Poemas para rir: chocolate sen azucre
Poemas para chorar: chocolate con pementa
Poemas transgresores: chocolate con sal
Poemas de lúa: chocolate con nata
Poemas con clase: chocolate gourmet
Malia que haberá un poema para cada categoría, os asistentes poden achegar o seu poema preferido e emparellalo co chocolate correspondente.
Aínda cando non tomes azucre, glute ou grasas vas atopar un chocolate para ti
Impartido por: funcionarias voluntarias da BdG
Duración: 120 minutos
Prazas: 30
De balde, precisa inscrición na web