Evento: Festival Atlántica

Festival Atlántica
martes, 13 marzo, 2018 a domingo, 18 marzo, 2018
Varios espazos da localidade,
Santiago de Compostela

Festival Atlántica

Sexta edición do certame de narración oral

O Festival internacional de narración oral Atlántica cumpre seis anos cunha edición que leva a distintas localidades galegas as narracións de artistas de terras tan dispares como Camerún, Brasil, Madeira, Jaén, Tenerife, Madrid, Salamanca, Zamora e Valencia, xunto cunha importante representación de contacontos de Galicia. 

Son seis  días de programación con actividades de narración oral de distintos tipos e para públicos infantís e adultos que se reparten por teatros, auditorios, escolas e rúas. 

Na súa sexta edición, Atlántica actualiza a súa imaxe para lembrar o 140 aniversario da primeira visita de Xulio Verne a Galicia e os 120 anos da presentación do submarino por parte de Sanjurjo Badía.

Máis información sobre o programa aquí

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos