Evento: Concerto de violíns e violonchelos
Concerto de violíns e violonchelos
Volven os alumnos do Método Suzuki Coruña para a deleitarnos e facernos cómplices do seu CONCERTO DE VIOLÍNS E VIOLONCHELOS
Os nenos e nenas aprenden a tocar co Método Suzuki, o cal se basea na aprendizaxe de tocar un instrumento musical coma se da lingua nai se tratase. Por iso empezan a unha idade tan temperá, de oído, por imitación e practicando cos seus pais en casa. Realízanse os concertos para poñer en práctica o que aprenden e para que se motiven!
E de novo serán dous concertos no Salón de actos da Biblioteca
XOVES 11 de abril, ás 18:00 horas. Concerto de violins e violonchelos pre twinkle, é decir, os máis pequenos. Salón de actos.
VENRES 12 de abril, ás 18:00 horas. Concerto de violíns e violonchelos dos maiores. Salón de actos.
Entrada libre ata completar aforo
Máis eventos de tipo Concerto