Evento: Boyanka Kostova + Esteban & Manuel
Boyanka Kostova + Esteban & Manuel
Boyanka Kostova + Esteban & Manuel
Concerto de trap e música tropical moderna
Boyanka Kostova é o nome dunha ximnasta de alterofilia, con todo, tamén é o nome da primeira banda de trap en galego. O Chico do Funk e Cibrán García conforman este peculiar dúo de música urbana. A banda demostra en cada directo que só vai a máis. A súa xira de verán levounos a tocar a festivais como o Festival Noroeste Estrella Galicia.
Esteban & Manuel é un grupo de música tropical moderna que lembra as festas do verán con certa morriña e romanticismo, polo que recuperaron o espírito da verbena, a ritmo de cumbia e autotune. Un arrebato latino que concentraron no disco La banda sonora de tu día a día.
Máis eventos de tipo Concerto