Evento: Folión de Carros

  • Folión de Carros
  • Folión de Carros
Folión de Carros
sábado, 25 agosto, 2018 - 00:00
varios espazos,
Chantada

Folión de Carros

Desfile de carros do país tirados por bois

No arranque das festas patronais, o sábado pola noite ten lugar en Chantada un desfile de carros do país tirados por bois, sobre os que se representan diversas escenas de oficios tradicionais e de labores agrícolas.

Amenizada coa actuación de gaiteiros e bandas, esta mostra de etnografía popular ten a súa orixe na Idade Media, nos tempos en que os gremios abandonaban durante un día o seu tradicional illamento e percorrían a localidade conxuntamente.

Co seu desfile sobre o seu propio carro, os artesáns daban fe da súa existencia e o seu valor na organización social da época.

Muiñeiros, zoqueiros, carpinteiros, fiadeiras... son algúns dos oficios retratados, así como labores agrícolas de fonda tradición en Chantada, como a vendima. Toda a cultura popular desta terra ponse de manifesto no folión de carros.

É costume mollar os eixos do carro co fin de que a estridente acústica do seu “canto” encha o ambiente durante o seu percorrido. Ao desfile séguelle o tradicional pregón das festas e a verbena na praza de Santa Ana.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular