Evento: Atardecer no Gaiás

  • Atardecer no Gaiás
Atardecer no Gaiás
xoves, 5 xullo, 2018 - 21:00
Cidade da Cultura de Galicia,
Santiago de Compostela

Atardecer no Gaiás

Música no solpor

Un ano máis a Cidade da Cultura acolle Atardecer no Gaiás, un ciclo musical no que se recibe á noite escoitando música e que é un escaparate das tendencias musicais actuais. A programación de 2018 contará con 21 concertos, nos que a actualidade musical galega terá un peso importante e que contará nesta edición con maior presenza das músicas urbanas e a aposta polas voces femininas.

Os concertos arrancan o 5 de xullo con The Shirley Davis & The Silverbacks e rematan o 18 de agosto con Tremenda Jauría. 

Ademais, acceder ao Gaiáis en transporte público será doado. O último autobús urbano de baixada da Cidade da Cultura ao centro de Santiago de Compostela será ás 23 horas, que se ampliará ata as 00.30 horas para aqueles concertos que contan con sesión DJ. 

Programación

Xullo 

X5 | Shirley Davis & the Silverbacks + Sesión Dj (NingúnDj)
V6 | Rels B + Sesión Dj (NingúnDj)
S7 | Modelo de Respuesta Polar 
X12 | La Redada 
V13 | A Banda da Loba 
S14 | Dom La Nena 
X19 | Nathy Peluso + Sesión Dj
V20 | Yellow Belly e David Vázquez
S21 | Oh! Ayatollah 
X26 | Mordem 
V27 | Queen Simphony–Banda Artística de Merza
S28 | Nastasia Zürcher 

Agosto 

X2 | Pajaro Sunrise
V3 | Fernando Barroso & Margarida Mariño ft. Celina da Piedade presentando Silence Lovers Club
S4 | Baiuca
X9 | Pony Bravo + Sesión Dj
V10 | Rodrigo Cuevas
S11 | Las Odio
X16 | Paula Valls
V17 | N3rdistan
S18 | Tremenda Jauría + Sesión Dj

Máis eventos de tipo Concerto

Real Filharmonía de Galicia-Contornos
24 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
Derby Motoreta’s Burrito Kachimba
25 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Tecendo afectos
26 de abril
Biblioteca Pública de Ourense