Evento: Vigo SeaFest
Vigo SeaFest
O festival Vigo SeaFest mantense fiel á súa vocación de converterse en lugar de encontro e de lecer para toda a familia, ao redor dunha proposta gastronómica complementada cunha completa programación de showcookings, concertos diúrnos e nocturnos, talleres familiares, actividades deportivas, espectáculos escénicos e de animación na rúa, así como cunha ampla área de exposición onde se dará cita o complexo mar-pesca.
Dentro das actuacións musicais, destacan as de Morgan, Gigi McFarlane e Patricia Moon.
Os xardíns de Elduayen constitúen o núcleo de Vigo SeaFest, ao redor da cociña de autor, protagonizada por un grupo de chefs galegos, que servirán a súa propia receita elaborada para a ocasión co peixe como ingrediente principal. O público poderá degustar as diferentes propostas culinarias en mesas dispostas polos xardíns nun ambiente familiar e por un prezo módico.
Máis eventos de tipo Festival