Evento: XL Mostra de Teatro Galego de Cariño
XL Mostra de Teatro Galego de Cariño
O programa ficará dividido en catro apartados diferentes, contando con seis espectáculos que se desenvolverán na rúa; diferentes actuacións de programación infantil que terán lugar en horario de mañá; ou cinco funcións nocturnas que se darán lugar entre os días 13 ao 17.
Estas actuacións de noite acollerán unha das novidades desta cuadraxésima edición, pois, por primeira vez, será o público quen se encargue de premiar a mellor función do ano. Entre as propostas desta edició atopanse as propostas teatrais e circenses de 10 compañías galegas (Natalia Outeiro "Pajarito”, Culturactiva, Contraproducións, Baobab Teatro, A Panadaría, Trompicallo, Mofa e Befa, Ghazafellos Teatro, Redrum Teatro e Chévere), dúas portuguesas (Partículas Elementares e Godot), unha de Castela e León (Cirk About It), unha vasca (Shakti Olaizola) e unha belga (Okidok), ademais de dous concertos (Ukestra do Medio e María Fumaça) e un obradoiro de circo para toda a familia.
Ademais, a LX Mostra de Teatro Galego de Cariño tamén contará con diversas actividades paralelas, entre as que se inclúen obradoiros, charlas coas compañías, concertos ou unha xornada de traballo a cargo da asociación profesional de artes escénicas Escena galega.
Máis eventos de tipo Festival