Evento: Mariza

  • Mariza
Mariza
sábado, 10 novembro, 2018 - 20:30
Palacio da Ópera,
A Coruña

Mariza

A cantante portuguesa de fado e baladas actuará na Coruña

Mariza é a gran embaixadora contemporánea da música portuguesa, a voz que fixo do Fado o seu cartón de presentación e o traballo da súa vida, pero nunca se limitou a un só xénero.

En 2001 converteuse nun fenómeno mundial co seu álbum debut Fado em Mim, e este ano trae o seu último disco Mariza,  unha sedutora mestura entre o clásico e o moderno, o pasado e o futuro. 

Jorge Fernando, Mário Pacheco e Tiago Machado, que colaboraron con Mariza desde os seus inicios, tamén contribuíron coas súas achegas a este disco. Pero tamén o fixeron estrelas de música urbana e africana como Matias Damásio e  Héber Marques, entre outros, ou cantautores pop como Carolina Deslandes.

Máis eventos de tipo Concerto

SUIT(E)
29 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
Rata Blanca
30 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
El Drogas
2 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5