Evento: Carmina Burana
Carmina Burana
Carmina Burana
Interpretada pola compañía de teatro La Fura dels Baus
Carmina Burana é a obra máis representativa do compositor alemán Carl Orff. A obra está inspirada nuns poemas medievais en latín, dos cales toma o texto. Esta cantata supuxo un gran éxito na súa estrea e a día de hoxe é coñecida mundialmente.
Despois de viaxar por tres continentes e ser visto por máis de 150.000 espectadores, chega o Carmina Burana da compañía La Fura dels Baus. Un espectáculo que une a poderosa música de Carl Orff co universo da Fura. Un espectáculo con música en directo e máis de 30 artistas en escena. Sobre o escenario un cilindro de oito metros de diámetro envolve literalmente aos musicos, mentres que as imaxes proxectadas sobre el ilustran a obra de principio a fin.