Evento: Burundanga
Burundanga
Protagonizada por Eloy Arenas, César Camino, Bart Santana, Ariana Bruguera, Rebeka Brik e Fran Nortes, Burundanga é unha comedia cargada de intriga, ironía e humor.
Berta, unha moza estudante, está embarazada de Manel, o seu noivo, mais aínda non se atreveu a dicirllo. Silvia, a súa compañeira de piso, ofrécelle a solución: burundanga, a droga da verdade, unha substancia que fai perder a vontade a quen a toma e provoca a sinceridade máis auténtica. Se lla administra a Manel, poderá saber a verdade sobre todo aquilo que desexe. E Berta faino, dálle a droga ao seu mozo e descobre non só o que pretendía averiguar, senón outra verdade moito máis inesperada que fai estourar un enredo de consecuencias imprevisibles.
Máis eventos de tipo Espectáculo