Evento: FIOT - Festival Internacional Outono de Teatro

  • FIOT Carballo
  • FIOT Carballo
FIOT - Festival Internacional Outono de Teatro
venres, 28 setembro, 2018 a mércores, 31 outubro, 2018
Varios espazos da vila,
Carballo

FIOT - Festival Internacional Outono de Teatro

Cita anual co teatro galego, nacional e internacional en Carballo

O Festival Internacional Outono de Teatro celébrase en Carballo dende o ano 1992. Está organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte e coa colaboración do Concello de Carballo. É un dos festivais decanos de Galicia, cunha programación que reúne as máis importantes compañías galegas xunto a moitas das máis relevantes de España e varias referencias doutros países.

Conta cun amplo conxunto de iniciativas de dinamización teatral que se foron xerando e que, máis alá da mera exhibición, abranguen outras facetas educativas, culturais ou sociais.

Durante un mes enteiro, outubro, as artes escénicas logran atraer a este municipio a máis de 10.000 persoas para ver algunha das máis de cen actividades programadas. 

Este ano cúmprese a 27 edición do FIOT. A compañía Ron Lalá aproveitará o evento para presentar en Galicia a comedia musical Crimen y telón

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos