Evento: Festival do Rei Sol

  • Festival do Rei Sol
  • Festival do Rei Sol
Festival do Rei Sol
venres, 14 setembro, 2018 a domingo, 16 setembro, 2018
Varios espazos da vila,
Oia

Festival do Rei Sol

Unha cita para revalorizar o patrimonio cultural de Oia

Terceiro ano consecutivo no que a Costa dos Castros de Oia recibe o Festival do Rei Sol, unha proposta cultural coa que se quere poñer en valor o legado cultural da zona. 

A programación do evento inclúe distintas actividades gratuítas pensadas para todos os públicos, con visitas guiadas, obradoiros infantís, relatorios e espectáculos das artes escénicas repartidos entre diversos puntos do municipio.

O Festival do Rei Sol leva o nome do protagonista dunha lenda local asociada ao castro do Cano dos Mouros. Aproveitando esta circunstancia, con esta cita cultural preténdese fomentar a convivencia entre veciños e visitantes de Oia, revalorizar o patrimonio local e concienciar sobre a necesidade de preservalo para as futuras xeracións.

A actividade, organizada pola Asociación Costa dos Castros xunto co Concello de Oia, desenvólvese coa colaboración da Deputación de Pontevedra (Ano da Lingua), así como de diversos colectivos locais, como son a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Viladesuso e a Asociación de Veciños de Viladesuso.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos