Evento: Pacífico, unha viaxe aos confíns do home
Pacífico, unha viaxe aos confíns do home
PACIFÍCO. UNHA VIAXE AOS CONFÍNS DO HOME, mostra de fotografías de DANIEL LANDA
"Os pobos indíxenas miran de fronte. Non teñen nada que ocultar. Ao longo de 50.000 quilómetros fomos testemuña das tradicións e rituais do outro extremo do mundo" (Daniel Landa).
Daniel Landa foi o director e delicado guionista da serie documental de TV “Pacífico”, gravada nun ano cun equipo de tres personas que percorreron máis de 50.000 Km, de Xapón a Nova Zelandia, buscando as culturas máis recónditas e aos últimos indíxenas, como as comunidades dos Karen ou a etnia Padaung, máis coñecida como a das mulleres jirafa.
Ata o 15 de abril pódese visitar na primeira planta da Biblioteca unha exposición de fotografías coas espectaculares imaxes e localizacións que conformaron a coñecida serie. Unha mostra cargada de pequenas historias, de dramas humanos en paraísos remotos, de sorrisos tímidos contra o infortunio, de ritos de morte e cantos á vida.
Lugar: Sala de exposicións da Biblioteca
Horario: de 8:30 horas a 20:15 horas
Data: do 16 de marzo ao 15 de abril



