Evento: Pinktones
Pinktones
Pink Tones presentan o seu novo espectáculo e xira ?Childhood´s End: the Pink Floyd Narrativa?, un novo concepto de show co que actuarán polos teatros e salas de toda España e Portugal. Childhood´s End é unha homenaxe á extensa obra musical de Pink Floyd, pero nesta ocasión, Pink Tones cóntannos a extraordinaria historia da mítica banda británica a través das súas cancións, poñendo o acento en instantes moi concretos da súa traxectoria.
As súas orixes, as súas transicións, os seus problemas, a súa evolución, o seu final... sempre desde o máis coidado e profundo respecto. Lonxe de ser un simple repaso cronolóxico dos seus éxitos, ten un enfoque máis conceptual e persoal, e así abrir unha nova forma de entender a historia e música dunha das bandas máis influentes no mundo do Rock, interpretada e dirixida por Pink Tones. Pink Tones cumpre 16 anos sobre os escenarios interpretando a música de Pink Floyd. Máis dunha década afinando un espectáculo preciso e elegante pero cheo de paixón. Sen caricaturas, sen caer no fácil, estudando palmo a palmo a extensa obra dos Floyd, as súas paisaxes sonoras, a súa técnica, a súa filosofía de vida, as reviravoltas dos seus espectáculos...
Algo parecido a un traballo de arqueoloxía musical, como ás veces chancean, pero que Pink Tones rescata e fai volver á vida.
Máis eventos de tipo Concerto