Evento: Maikel Delacalle

Maikel Delacalle
sábado, 24 setembro, 2022 - 21:00
Auditorio Municipal de Ourense,
Ourense

Maikel Delacalle

Rapero e cantante coñecido por incorporar á súa música diferentes elementos procedentes do R&B, o hip hop ou o dancehall

Natural de San Isidro, localidade ao sur de Tenerife, Maikel Delacalle (16/09/94) pronto soubo que o seu camiño estaría ligado Á música urbana. Pertencente a unha familia humilde, o cantante tinerfeño atopou nas cancións a forma de expresar os seus sentimentos e vivencias en temas que posteriormente se converterían en grandes éxitos.  

Empezou a gañar recoñecemento no mundo da música urbana grazas á súa versión en español de "Love Yourself"  de Justin Bieber (que viralizó acumulando máis de 4 millóns de reproducións en Facebook) ou o seu indiscutible éxito "Ganas".  

Desde a publicación destes temas os seus logros non fixeron máis que ir en aumento.  En 2018 Delacalle publicaba o seu primeiro EP  “Calle y Fe”, que xa acumula máis de 65 millóns de reproducións en plataformas dixitais.“Calle y Fe” está liderado polo seu exitoso single “Replay”, o cal acumula máis de 50 millóns de reproducións en streaming e obtivo a certificación de Disco de Platino en España. A súa canle de Youtube acumula máis de 160 millóns de reproducións e 600.000 seguidores. 

 Na súa curta traxectoria Maikel Delacalle traballou con algúns dos produtores máis recoñecidos do xénero urbano, (SKyRompiendo, Tezzel, The RudeBoyzz, Dale Play...) e tamén colaborou con algúns dos artistas máis prestixiosos do momento (Justin Quiles, Cazzu, Eladio Carrión, Mahmood, Fuego...) situándose como unha dos referentes máis claros do xénero urbano tanto no noso país como a nivel internacional.