Evento: Exposición 'Cándido Fernández Mazas: Signos dunha quimera'

  • Exposición "Cándido Fernández Mazas: signos dunha quimera
Exposición 'Cándido Fernández Mazas: Signos dunha quimera'
xoves, 30 xaneiro, 2020 a domingo, 10 maio, 2020
Cidade da Cultura de Galicia,
Santiago de Compostela

Exposición 'Cándido Fernández Mazas: Signos dunha quimera'

O Día da Ilustración 2020 está dedicado a Cándido Fernández Mazas, un dos nosos pioneiros da ilustración

Este 2020 o Día da Ilustración (30 de xaneiro) está dedicado a Cándido Fernández Mazas. Un dos pioneiros galegos da ilustración e pode ser que un dos máis descoñecidos. Para homenaxealo, a Biblioteca de Galicia organiza a exposición "Cándido Fernández Mazas: signos dunha quimera", que se poderá visitar no Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia desde o 30 xaneiro ata o 10 de maio.

 

As bibliotecas públicas galegas tamén conmemoran esta efeméride cun completo programa de actividades nas bibliotecas de Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

 

O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

 

 

 

 

 

Máis eventos de tipo Exposición

XVIII Premio de Novela Casino de Santiago
2 de xullo a 30 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ribadavia no seu patrimonio relixioso
23 de xullo a 20 de abril
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Historias dun lugar
19 de setembro a 30 de marzo
San Domingos de Bonaval s/n