Evento: El lago de los Cisnes- Ballet Imperial Ruso, director y coreógrafo Gediminas Tarandá

El lago de los Cisnes- Ballet Imperial Ruso, director y coreógrafo Gediminas Tarandá
xoves, 21 xaneiro, 2021 - 20:30
Teatro Afundación Vigo,
Vigo

El lago de los Cisnes- Ballet Imperial Ruso, director y coreógrafo Gediminas Tarandá

O mundialmente aclamado Ballet Imperial Ruso, fundado por Maya Plisetskaya e dirixido por Gediminas Tarandá, presenta o seu Lago de los Cisnes.

El Lago de los Cisnes, do Ballet Imperial Ruso é unha das obras de ballet máis apreciadas polos espectadores españois, demostrándoo cada ano desde a súa estrea en España en 2005 na Gran Vía de Madrid.

Cisne Blanco e Cisne Negro son dous polos opostos: un é dozura e fraxilidade, o outro poder e provocación. O engano e o verdadeiro amor, o Ben e o Mal. A perfección das coreografía fai que este ballet sexa o máis coñecido, máis solicitado e máis interpretado durante xa 140 anos.

O BALLET IMPERIAL RUSO, prestixiosa compañía de Moscova, creada por iniciativa de Maya Plisetskaya en 1994. O director artístico do Ballet é Gediminas Tarandá, quen, antes de crear a compañía, foi estrela do Teatro Bolshoi, estudou a carreira de coreógrafo baixo a dirección de Yury Grigorovich, sendo na actualidade o máis destacado director artístico de grandes eventos de Rusia, condecorado polos seus méritos como Artista de Honra de Rusia (2005) e Orde de Diaguilev (2008).

O repertorio da compañía inclúe todos os ballets clásicos, como "O Lago dos Cisnes", "A Bela Dormente", "O Cascanueces", "Giselle", "Carmen", "Don Quixote", Romeo e Julieta, Silfida, "Chopiniana", Sherezade, As Danzas Polovtsianas, A Sesta dun Fauno, Petrushka, A Consagración da Primavera, Bolero e varias coreografías curtas. A Compañía ten a súa residencia en Moscova, aínda que é ben coñecida mundialmente grazas ás súas xiras nacionais e internacionais, en países como Australia, Nova Zelandia, China, Xapón, Finlandia, Brasil, Francia, España, Alemaña e moitos máis.

O elenco do Ballet Imperial Ruso está composto por 45 bailaríns do máximo nivel artístico, moitos deles foron gañadores de prestixiosos concursos de ballet, como Lina Sheveliova, Narimán Bekzhanov, Lev Brel, Yana Cherkashina, Anna Pashkova, Denís Simón, Vatautas Tarandá, Vladimir Dorofeev e outros.

  • El Lago de los Cisnes

Máis eventos de tipo Espectáculo

Moby Dick
3 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á rúa
9 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Caderno de cores e cancións
9 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Melisa quere traballar
10 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal