Evento: O Parque Maxico

O Parque Maxico
mércores, 29 xullo, 2020 - 22:30
Parque de Torrado,
Cambados

O Parque Maxico

Proxección audiovisual da película de animación infantil.

June é unha nena cunha imaxinación desbordante, á que lle gusta crear parques de atraccións imaxinarios, máxicos. Ela debúxaos, imaxínaos, pero pode un parque de atraccións creado coa imaxinación converterse en realidade? Esta nena optimista e imaxinativa será a creadora dun parque no que vivirá asombrosas aventuras xunto ao oso azul Boomer, a xabaril Greta, os castores Gus e Cooper, o chimpancé Peanut e o puerscospín Steve.

Nova comedia de aventura animada de Paramount Pictures e Nickelodeon Movies que desenvolve o estudo español de animación Ilion Animation Studios, creadores das películas Planet 51 (2009) e Mortadelo e Filemón contra Jimmy o Cachondo (2014). A versión orixinal do filme conta coas voces de Jennifer Garner (Homes, mulleres & nenos, Dallas Buyers Club), Mila Kunis (En terceira persoa, Oz, un mundo de fantasía), Jeffrey Tambor (Archer, Arrested Development), Ken Jeong (Infiltrados en Miami, Community), Kenan Thompson (Un golpe con estilo, The Awesomes) e Matthew Broderick (A excepción á regra, Manchester fronte ao mar).

  • El Parque Mágico

Máis eventos de tipo Concerto

Derby Motoreta’s Burrito Kachimba
25 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Tecendo afectos
26 de abril
Biblioteca Pública de Ourense
Carlangas
26 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5