Evento: VII Festival Bal y Gay
VII Festival Bal y Gay
O VII Festival Bal y Gay de música clásica actuará como reclamo cultural e turístico dos concellos da Mariña entre o 12 e o 24 de agosto.
A iniciativa contará con actuacións de preto dunha decena de intérpretes e bandas de música clásica como a Real Filharmonía de Galicia, o Quinteto InVento, Arcos Iris, o Cuarteto Cosmos, o Cuarteto Quiroga, Hot Chocolates ou Ensemble Bal y Gay. Os recitais terán lugar en lugares públicos, auditorios ou emprazamentos destacados da Mariña como a Catedral de Mondoñedo, a Basílica de San Martiño de Foz, a igrexa de San Francisco en Viveiro, así como na Praza do Concello dos municipios de Trabada, Lourenzá e Barreiros ou no auditorio de Ribadeo.
Ademais, no marco do festival celebraranse actividades como clases maxistrais, conferencias ou proxeccións centradas tamén na música clásica.
PROGRAMA 2020
12 AGOSTO. Mércores, 21:00h
ORQUESTA REAL FILHARMONIA DE GALICIA
Catedral de Mondoñedo
14 AGOSTO, 2020 Venres, 21:00h
MÚSICA BARROCA FRANCESA. SPONTE SUA CON ANA VIEIRA (SOPRANO) E FERNANDO SANTIAGO (BASSE DE VIOLÓN)
Iglesia de Santiago, Foz
16 AGOSTO, 2020 Domingo, 20:00h
PROXECCIÓN DOCUMENTAL DANCING BEETHOVEN
Auditorio de Mondoñedo e Casa da Cultura Foz
18 AGOSTO, 2020 Martes, 20:30h
CUARTETO COSMOS CON LUIS CÁMARA (CLARINETE)
Igrexa de San Francisco, Viveiro
19 AGOSTO, 2020 Mércores, 20:30h
RECITAL DE PIANO, JUAN PÉREZ FLORISTÁN
Pazo do Conde de Fontao, Foz
20 AGOSTO, 2020 Xoves, 20:30h
CUARTETO QUIROGA
Basílica de San Martiño, Foz
21 AGOSTO, 2020 Venres, 20:30h
NATHALY OSSA: MÚSICA QUE TRANSFORMA: COMO SE TRANSFORMAN SOCIEDADES A TRAVÉS DA MÚSICA?
Casa da Cultura, Foz
22 AGOSTO, 2020 Sábado, 20:30h
HOT CHOCOLATES Porto Chico, Foz
24 AGOSTO, 2020 Luns, 20:30h
ENSEMBLE BAL Y GAY
Auditorio de Ribadeo
CONCERTOS FAMILIARES
15 AGOSTO, 2020 Sábado
QUINTETO INVENTO: PEDRO E O LOBO DE S.PROKÓFIEV (ADAPTACIÓN PARA QUINTETO E NARRADOR)
12:00h Praza do Concello, Barreiros
18:00h Auditorio de Mondoñedo
20:00h Praza do Concello, Trabada
16 AGOSTO, 2020 Domingo
ARCOS IRIS – EL MUNDO SUENA
18:00h Praza do Concello, Viveiro
20:00h Praza do Concello, Vilanova de Lourenzá
Máis eventos de tipo Festival