Evento: Pelepau: Fio e agulla
Pelepau: Fio e agulla
Os instrumentos de percusión empregados por Pelepau nos seus concertos son, na súa gran maioría, tradicionais galegos, destacando os que antano eran utensilios da vida cotián como as culleres, tixolas, botellas de anís, morteros, etc, para deste xeito, recuperar e potenciar a riqueza da instrumentación galega.
A publicación no 2015 do seu primeiro traballo discográfico, “Fío e Agulla”, fai un percorrido pola música popular galega mesturada e influenciada polos ritmos tradicionais das culturas que durante anos, e no mesmo presente, conviven coa colectividade emigrante galega, interpretada como non, cun chisco de humor.
O repertorio de “Fío e Agulla” caracterízase por trasladar ao ouvinte ás festas populares de Galicia (romerías, seráns, foliadas, etc.), incitando ao movemento corporal pola presencia ben marcada da percusión.