Evento: Oviravai: As andanzas de Paio

Oviravai: As andanzas de Paio
luns, 14 novembro, 2022 - 11:30
Multiusos Terra do Queixo,
Arzúa

Oviravai: As andanzas de Paio

Espectáculo infantil.

Oviravai é unha compañía de desenvolvementos culturais dirixidos ao público infantil. 

"As andanzas de Paio" é o primeiro traballo da compañía Oviravai. Trátase dun libro CD, que forma parte da colección Sonárbore da Editorial Galaxia como lanzamento de primavera de 2016. Nel traballamos diversos temas incluídos no currículo escolar, como as cores, as estacións, linguaxe extranxeira, as vogais, os contrarios, os animais... Puxémoslle, tamén, especial atención á transmisión de valores sociais como a amizade, a solidariedade, o traballo en equipo ou o coidado do planeta. Todo iso, a través de orixinais e divertidas cancións e historias que conta o teixugo Paio ao voltar dunha viaxe.

A partir diso, desenvolvemos, distintos proxecto. Xunto a un grande equipo de traballo procedente da ESAD de Vigo (Escola Superior de Arte Dramática) artellamos unha obra de "Teatro Musical Infantil" que chamamos "Vaioviravai".

 

  • Oviravai - Esa Granxa - As Andanzas de Paio

Máis eventos de tipo Espectáculo

Moby Dick
3 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á rúa
9 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Caderno de cores e cancións
9 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Melisa quere traballar
10 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal