Evento: Bala- Galicia Emerxe
Bala- Galicia Emerxe
O mes de marzo terminará na televisión de Galicia coa emisión da actuación de Bala no ciclo de concertos Galicia Emerxe. Este festival nace como iniciativa de RTVG para dar visibilidade á música e aos grupos galegos. Ademais, pretende mostrar o seu apoio ao sector musical, afectado polo covid-19 e as restricións sanitarias.
Bala nace cunha motivación moi clara, dar renda solta ás ganas de facer ruído e moverse por aí. Un ruído, que segundo elas, ?lembra a moitas cosas pero non é ningunha en concreto?.
Trátase dun dúo nado na Coruña, constituído por Anxela Baltar (guitarra, voz) e Violeta Mosquera (batería, voz). Tras un pasado en bandas como Calixta, Drama, Salvation Army e MLK, ambas deciden iniciar este proxecto cuns ingredientes moi claros: grunge, stoner, pop sucio, moita urxencia, nervio e enerxía.
O seu directo é irresistible, e o seu son remite aos anos 90, a bandas como Hole, Kyuss, Nirvana, Melvins ou Babes in Toyland. Contundencia rítmica aderezada cun dúo de voces demoledor.
O vindeiro mércores 31 de marzo ás 23:30 horas emitirase o concerto de Bala na primeira cadea de TVG. Tras finalizar a emisión, pasará a estar dispoñible na web de CRTV. Ademais, poderase volver escoitar en Radio Galega Música o sábado a partir das 22:00 horas.
As bandas e artistas solistas que actuán no ciclo de concertos Galicia Emerxe son de orixe e procedencia galega. Ademais, son profesionais de diversos estilos musicais e con domicilio fiscal en Galicia. Todos eles, foron seleccionados mediante convocatoria aberta por unha comisión independente.