Evento: Javi Pacheco
Javi Pacheco
Javi Pacheco preséntanos nun concerto acústico o seu novo disco «Acoustic Covers Vol.1»; Un álbum de versións polo que fai un percorrido dos temas que marcaron a súa traxectoria e os seus gustos persoais, con arranxos propios e unha interpretación moi persoal.
Javi Pacheco é un cantante, baixista e guitarrista orixinario de Vigo establecido en Nigrán. Na súa longa traxectoria como profesional da música realizou numerosas xiras con grupos como Os Lombardi, Paty Jones Band Moustique e Monk Blues Band? compartindo escenario con artistas da talla de Weezer, Dover ou Cramberries. Actualmente é unha das voces máis requiridas nos estudos e directos do panorama nacional. Javier Pacheco levaranos cara á historia da música pop rock internacional, desde os anos setenta ata a actualidade? versionando temas de artistas tan coñecidos como os Beatles, Neil Diamond ou Bee Gees pasando por Pink Floid, Peter Gabriel, U2 e Springsteen.