Evento: Festival Elas Son Artistas: Carmen Boza

Festival Elas Son Artistas: Carmen Boza
venres, 4 xuño, 2021 - 20:30
Teatro Colón,
A Coruña

Festival Elas Son Artistas: Carmen Boza

Concerto da cantante e compositora española.

A IV Edición do Ciclo Metropolitano pola igualdade na música e nas artes Elas Son Artistas regresa o venres 4 de xuño ao Teatro Colón.

Nesta ocasión a protagonista é a andaluza Carmen Boza. Guitarrista, compositora, productora e cantante.

En Coruña e en toda Galicia xa dispón dunha sólida cantidade de fans que viron a súa evolución con concertos en salas como Mardi Gras.

A carreira musical de gaditana comeza aos 15 anos e a súa experiencia de anos desemboca no torrente de influencias que se poden apreciar nas súas cancións.Está considerada como unha das propostas femininas españolas máis interesantes e con máis proxección dos últimos anos.

Carmen comezou a sua carreira musical subindo vídeos a YouTube en 2011, onde pouco a pouco foi consolidando unha gran base de público que a día de hoxe segue os seus pasos alá por onde actúa.

En 2014, recaudou o 120% do requerido en ta so oito horas de campaña de Crowdfunding. Con ese respaldo publica La Mansión de los Espejos, 11 cancións distribuidas ao longo do disco de xeito premeditado e eficaz.

En 2018, Carmen Boza toma o mando da producción e arranxos para “La Caja Negra”, o seu segundo traballo de estudio. Un álbum copado de riffs de guitarra e melodías que dan soporte a textos oscuros e introspectivos, onde o ointe atento será testemuña do tránsito da artista millenial ante as complexidades da vida moderna.

Es en 2019 lanza o fabuloso single “Un golpe se suerte” gravado, producido e mesturado por ela mesma na súa habitación, sen filtros. A artista coquetea co mundo do sampleo. En xullo de 2020 edita “La Grieta” e en marzo de 2021 chega o seu último single ata hoxe: Suave.

Todo un luxo esta actuación do IV Elas Son Artistas na que estará acompañada por Estafania Gómez no baixo eléctrico e por Daniel Ballesteros na batería.

  • Un Golpe de Suerte - Carmen Boza

Máis eventos de tipo Concerto

Derby Motoreta’s Burrito Kachimba
25 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Tecendo afectos
26 de abril
Biblioteca Pública de Ourense
Carlangas
26 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5