Evento: VI Festival Internacional de Cinema Inclusivo de Vigo

VI Festival Internacional de Cinema Inclusivo de Vigo
martes, 12 outubro, 2021 a sábado, 16 outubro, 2021
Evento online,
Vigo

VI Festival Internacional de Cinema Inclusivo de Vigo

VI Festival Internacional de Cinema Inclusivo organizado pola Asociación Galega Audiovisual Inclusiva (AGAIN).

A Asociación Galega Audiovisual Inclusiva ( AGAIN) organiza o VI Festival Internacional de  Cinema Inclusivo de Vigo que se celebrará do 12 al 16 de outubro, co obxectivo de dar a coñecer, apoiar e valorar proxectos  cinematográficos realizados por e para a inclusión, a igualdade e a difusión universal da  sétima arte.  

Ábrese o prazo de admisión de curtametraxes, longametraxes de ficción, documentais e  webseries desde o 15 de abril ao 25 de xullo de 2021. A temática das curtametraxes é  totalmente libre, podendo ser tanto de ficción como de non-ficción. No caso dos  documentais, as longametraxes de ficción e as webseries a temática virará ao redor da  inclusión co obxectivo de visibilizar todos aqueles proxectos que toquen de maneira  substancial a diversidade funcional, sexual, xeracional, económica ou cultural e o que a  rodea.  

A duración máxima das obras presentadas será de 25 minutos no caso das curtametraxes  e de 120 minutos cando se trate de documentais e longametraxes de ficción (títulos de  crédito incluídos en ambos os casos). A inscrición é gratuíta. As obras que se presenten  serían realizadas e/ou estreadas preferiblemente con posterioridade ao 1 de xaneiro de  2020. As bases pódense consultar na web do Festival ( https:// festivalcinevigo.es/basees/),  onde os interesados poden inscribirse para participar.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos