Evento: Fátima García Cabanelas
Fátima García Cabanelas
Nada en Ourense, foi pupila durante sete anos de Olga Semushina, catedrática do Conservatorio de San Petersburgo, completando a súa formación con Galina Eguiazarova (2013-2014) e Sergey Bezrodni (2015-2017).
Recibiu así mesmo consello de profesionais como Eldar Nebolsin, Grigory Gruzman, Wolfram Schmitt-Leonardy, Stanislav Pochekin, Nino Kereselidze, Natalia Trull, José Ramón Méndez, James Giles, Dominique Weber, Luca Chiantore, e Vladimir Atapin en música de cámara, entre outros.
Participou no Festival Internacional de Piano de Xixón, actuou como solista coa Orquestra Sinfónica do Conservatorio Profesional de Música no Teatro Filarmónica de Oviedo, tamén colaborou coa OSPA, e formou parte das agrupacións de cámara de A Castalia.
Ofreceu recitais na Escola Municipal de Música e o Conservatorio de Oviedo, o Conservatorio de Ourense, o Museo Evaristo Valle en Xixón e recentemente realizou unha gravación audiovisual no Teatro Principal de Ourense.
Actualmente estuda baixo a dirección de Emilio Álvarez Cid, primeiro discípulo de Olga Semushina e profesor no Conservatorio Profesional de música de Vigo.
Máis eventos de tipo Concerto