Evento: Fredi Leis

Fredi Leis
sábado, 11 xuño, 2022 - 20:30
Sala Capitol,
Santiago de Compostela

Fredi Leis

Concerto do músico e compositor galego.

Fredi Leis é un intérprete, músico e compositor galego que desde pequeno empeza a tocar o piano de maneira autodidacta. Dáse a coñecer en Souncloud conseguindo centos de miles de escoitas. Percorre salas e teatros do circuíto nacional de cantautores, esgotando todas as localidades. En 2015 estrea o seu primeiro EP Días Grandes, composto por el e coa produción de Ismael Seixo(Rozalén).

Fredi Leis postúlase como unha das novas promesas da canción de autor renovada.

Despois de virar por salas de toda España e ser teloneiro das xiras de Alejandro Sanz , Malú e Rozalén, en 2018 estrea o seu primeiro disco, producido por Juan de Deus (Amaral, Annie B Sweet, Preguiza, Xoel López) e coa produción executiva e A R & de Sebastian Krys (12 Grammy Latinos, 5 Grammy, Sergio Dalma, Eros Ramazzotti, Alejandro Sanz, Shakira, Carlos Vives, Ricky Martin, Marc Anthony) O seu primeiro single Mariposas convértese nun dos seus temas máis recoñecidos. Logo veu Sálvache ou Apenas que acumulan millóns de reproducións en Spotify e Youtube. A súa xira Neón é un éxito por toda España, esgotando entradas.

  • Fredi Leis - Nivel Experta

Máis eventos de tipo Concerto

Derby Motoreta’s Burrito Kachimba
25 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Tecendo afectos
26 de abril
Biblioteca Pública de Ourense
Carlangas
26 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5