Evento: Unha de meigas... para a noite máis meiga do ano
Unha de meigas... para a noite máis meiga do ano
mércores, 16 xuño, 2021 a mércores, 30 xuño, 2021
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra Unha de meigas... para a noite máis meiga do ano
Meigas fóra! ou non...
Reunimos libros e DVDs sobre as bruxas dende diferentes ópticas: novelas xuvenís e de adultos, contos para nenas e nenos, libros sobre a figura da bruxa dende a perspectiva de xénero, películas para diferentes idades, etc.
Podes atopar as obras desta selección na planta baixa da biblioteca do 16 de xuño ata o 30 do mesmo mes e levalas prestadas.