Evento: Día da Música 2021: Kalakan
Día da Música 2021: Kalakan
O trío Kalakan chega desde Iparralde (País Vasco Francés) para presentarnos ? Artizar?, o seu novo disco (2021). Artizar é un eixo seguro para non perder o norte, un faro que nos lembra que debemos seguir o camiño da nosa vida sen perder nunca o rumbo. E conectados co significado deste título, investigan os sons máis actuais e a electrónica sen perder nunca a súa esencia: a música tradicional vasca. Non pouco máis de 10 anos que levan en activo, Kalakan conseguiron situarse nun dos lugares referentes da worldmusic, actuando por todo o mundo e colaborando con infinidade de artistas. Destaca sen dúbida o seu traballo con Madonna, coa que fixeron no 2012 a xira completa de TheMDNA Tour.
Voces, tambores, teclas, efectos cósmicos e a tradición vasca máis pura forman este novo espectáculo de Kalakan, un antes e un despois na traxectoria da banda:
JamixelBereau: voz, tambor, campás, pandeiro e teclados.
Xan Errotabehere: voz, alboka, frauta e teclados.
Bixente Etchegaray: voz, bombo, trompeta e teclados.
Máis eventos de tipo Concerto