Evento: MClan
MClan
MClan presentan os temas do seu último disco, "Delta", editado en setembro de 2020. O álbum foi gravado integramente en Nashville (EE.UU.) cunha instrumentación máis acústica e sons de folk americano e rock con raíces.
M Clan nace en 1993 cando tras coñecerse, Carlos Tarque e Ricardo Ruipérez, quen tocaba en varias bandas da escena murciana, deciden crear o seu propio grupo. Así se forma o quinteto murciano que completan Pascual Saura ao baixo, Juan Antonio Otero á batería, Iñigo Uribe aos teclados, Ricarco Ruipérez á guitarra e Carlos Tarque á voz. M Clan aposta desde o principio polo rock sureño e por sons cunha clara influencia de nomes como The Black Crowes ou Led Zeppelin, referentes do southern rock dos anos 70 cuxa máxima efervescencia exprésase no directo.
Máis eventos de tipo Concerto