Evento: Momboi en concerto

Momboi en concerto
domingo, 20 novembro, 2022 - 20:00
Sala Krazzy Kray,
Cambados

Momboi en concerto

Concerto do grupo Momboi

Formada en 2018 por Brais Sánchez (guitarra e voz principal) e Beny Mayo (batería). Conta tamén con Daniel 'García' Carba (baixo eléctrico e voz) e André Garabato (Teclados).

Forman parte desa nova xeración de músicos interesados polas músicas do outro lado do atlántico. O seu son parte así do gusto pola música de raíz latinoamericana, pretendendo non tanto unha aproximación tradicional se non a mestura desta co funk, jazz, rock 'n roll e por suposto o folk/rock máis fronteirizo. Apostando por letras con personalidade, debuxan un universo propio cargado de misticismo onde tamén teñen cabida o amor e a nostalxia. A música de Momboi é influenciada por bandas como Caléxico, Giant Sand, Xixa, Depedro, Kevin Morby ou mesmo os Gipsy Kings.

En decembro de 2019 presentan o seu primeiro EP 'Ofrenda', composto por cinco cancións que dan mostra da mestura que buscan na súa música.

Levan o seu espectáculo a sitios como o Café Cultural Auriense, o Festival UKP Day, A corte dos Bois cun show cargado de matices pero tamén intenso e enérxico. 

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

French Riviera
3 de maio, 21:00
A Pousada da Galiza Imaxinaria - Boiro - A Coruña
The Blues Moonshiners
3 de maio, 21:30
La Pecera - Vigo - Pontevedra
A pelo
3 de maio, 23:30
Laroom - Ferrol - A Coruña
Maricarme
4 de maio, 13:30
Arca da Noe - Vilar de Santos - Ourense