Evento: WOS Festival: Delia Derbyshire: The Myths and Legendary Tapes
WOS Festival: Delia Derbyshire: The Myths and Legendary Tapes
Delia Derbyshire: The Myths and the Legendary Tapes é unha película que explora a vida e a inmensa produción creativa de Delia Derbyshire. Parte do achado dunha colección de obras da artista tras a súa morte e unha serie de documentos persoais que desvelan detalles da súa infancia, as súas pinturas e a súa loita contra o alcolismo. A contribución de Derbyshire foi minimizada por atoparse nun contexto moi masculinizado.
A película utiliza material de arquivo, entrevistas cos seus colaboradores e recreacións dramáticas para construír un biopic que transcende o seu xénero para transformarse nunha longametraxe lírico que rende homenaxe a esta relevante artista e onde o son ten unha importancia capital. Caroline Catz, que tamén interpreta a propia Delia Derbyshire, explora a súa figura e reivindica a esta muller á que tanto lle debe a música actual.
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual