Evento: Las Antonias

Las Antonias
venres, 17 decembro, 2021 - 23:30
A Ventana,
Laxe

Las Antonias

Concerto a cargo das Antonias

Destripan boleros, tangos e outras delicias fundindo as súas voces entre guitarraa, vasoiriñas melódicas e un fagot atopado. Introdúcennos con histriónico pracer no seu mundo Antoñil para facernos sentir e saber que todos somos Antonias e Antonios. Comulgando sen reparos, transmitindo nutrientes, filtrando substancias nocivas e fabricando hormonas a ritmo dunha escena obscenamente risueña.
As Antonias é grupo conformado por Antonia Le (Ana Le), Antonia Colorees (Mamen Bazarra), e Antonia Pentagramas (Elena García-Fresca). Nos últimos meses incorporaron membros novos para ofertar así unha formación máis completa, incluíndo a Antonia A Feira (Sabela Caridade) á percusión. Ao berro de Todos somos As Antonias! inclúen a participación de homes e mulleres no seu espectáculo.
O seu primeiro traballo Boleros e outras delicias faranche pasar momentos inesquecibles.

Máis eventos de tipo Concerto

Tecendo afectos
26 de abril
Biblioteca Pública de Ourense
Carlangas
26 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5